(por Paula Reboredo)
As máis habituais son as que se facían cun "decorado" de cartón onde os retratados metían a cabeza e así conseguían imaxes moi divertidas.
En outros casos os propios retratados tiñan que soster o cartón e despois o fotógrafo recortaba o fondo sobrante. Os debuxos máis repetidos eran os de barcos e os de avións.
Información e Fotos: "Pano de fondo" catálogo de exposición do centro de estudios fotográficos (Manuel Sendón e X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.
Fixemos un cartón de feira co deseño de un avión para facer fotografías na nosa feira.
O NOSO CARTÓN de FEIRA
Os retratados tiñan que poñerse detrás e suxeitalo coas mans.
Despois fixemos que as fotos tiveran un aspecto antigo cun filtro de EL GIMP (programa de retoque fotográfico de software libre).
No hay comentarios:
Publicar un comentario