18 abr. 2013

GRAZAS!!!


AS FOTOS da NOSA EXPOSICIÓN



 
Despois de sacar as fotos na feira aplicamoslles o filtro "Foto Antiga" do Programa de Retoque fotográfico EL GIMP e as imprimimos.
Recortamos os bordes cunhas tixoiras de troquelar imitando ás fotos antigas.
As pegamos sobre cartón verde oscuro e escribimos con dourado as iniciais do Fotógrafo (DF, do nome do noso colexio) como adoitaban a facer os fotografos daquela.
Expuxemos estas fotos xunto cunha explicación sobre os fotógrafos ambulantes, os frascos que empregaban e os libros da biblioteca que utilizamos para documentarnos.



17 abr. 2013

FOTOMONTAXES e RETOQUES

                            (por Paula Reboredo)

Os fotógrafos cambiaban case sempre as imaxes. Retocaban os rostros e melloraban as roupas engadindo xoias ou unha garabata. Era un traballo moi minucioso e ten unha gran semellanza co que hoxe se fai dixitalmente.

Nas ocasións máis especiais (posto que encarecía moito o traballo) se lles engadía manualmente cor.
Durante as emigracións galegas a América, foron frecuentes as fotomontaxes para unir á familia, pois era imposible reuniar á familia enteira por mor do lento dos transportes.
Nalgúns montaxes, incluso se incluía a algún parente xa morto.

                                   (reproducción dunha páxina do catálogo "Pano de Fondo")




Información e fotos de:

"Pano de Fondo". Catálogo de Exposición do Centro de Estudios Fotográficos (Manuel Sendón, X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.



As FOTOS dos MÁIS PEQUENOS

As cámaras de fotos domésticas tardaron en xeneralizarse pois era un luxo caro de mercar e de manter.

A decisión de mercar unha cámara para a casa, quizais estivo motivada polo nacemento dun pequeno, pois os pais orgullosos quererían fotografías todos os seus movementos e ocurrencias, como amosan estas imaxes reunidas polo Equipo de Investigación, que foron tomadas no contorno nos anos 60 e 70. A fotografía en cor en Galicia non se xeneralizou ata case os anos 80.





(Fotos recollidas polo Equipo de Investigación) 




Os CARTÓNS de FEIRA

(por Paula Reboredo)

 As fotografías das ferias son, en xeral, de peor calidade que as de estudio e o seu acabado é máis descoidado. Tamén teñen menor tamaño. Tamén podemos observar neste tipo de imaxes, que as poses son menos serias que nas fotografías de estudio e que nalgunhas ocasións ademais de familiares aparecen tamén grupos de amigos.
 

As máis habituais son as que se facían cun "decorado" de cartón onde os retratados metían a cabeza e así conseguían imaxes moi divertidas.



En outros casos os propios retratados tiñan que soster o cartón e despois o fotógrafo recortaba o fondo sobrante. Os debuxos máis repetidos eran os de barcos e os de avións.



Información e Fotos: "Pano de fondo" catálogo de exposición do centro de estudios fotográficos (Manuel Sendón e X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.




O NOSO CARTÓN de FEIRA 
Fixemos un cartón de feira co deseño de un avión para facer fotografías na nosa feira.
Os retratados tiñan que poñerse detrás e suxeitalo coas mans.
Despois fixemos que as fotos tiveran un aspecto antigo cun filtro de EL GIMP (programa de retoque fotográfico de software libre).


















16 abr. 2013

Os "RITOS de PASO"

                                                              (por Paula Reboredo)

Van Gennep (wikipedia) señala que no seu desarrollo social un individuo debe levar a cabo numerosas transicións (entre a xuventude e a idade adulta, entre a soltería e o matrimonio, entre non pertencer e pertencer a un grupo, entre viaxar e retornar...).
 Nas sociedades non industrializadas, esas transicións forman unha parte esencial da vida social, e non se levan a cabo de forma individual, senón que celebran de forma comunitaria.
Na maioría dos casos levan consigo un ritual ou unha festa.

Un dos ritos de paso máis caraterísticos en Galicia son a Primeira Comunión, a Voda e a Morte (non se festexaban por aquel entón, nin os bautizos nin a "posta de largo", típicos doutras zonas).

 A PRIMEIRA COMUNIÓN
(Esquerda: :foto recollida polo Equipo de Investigación. Dereita: foto de R. Caamaño)


A VODA:

(foto recollida polo Equipo de Investigación)


 A MORTE:


(fotos de Pedro Brey)



Definicións da Wikipedia. 
 
Información e Fotos (agás as recollidas polo Equipo no seu contorno):
  • "Pedro Brey: a Parroquia Retratada" . Catálogo de Exposición. Xunta de Galicia e Universidade de Santiago, 2004.
  • "Pano de Fondo". Catálogo de Exposición do Centro de Estudios Fotográficos (Manuel Sendón, X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.
  •  M.Sendón, X.L. Suárez Canal e R. Caamaño. "Ramón Caamaño: Retratos de Costa da Morte". Centro de Estudios Fotográficos. Vigo, 2002.




15 abr. 2013

Fotógrafos de Familia en Galicia: PEDRO BREY

 (por Cris Abal)


Pedro Brey from investigadordeportas



Imaxes e Información:
  • "Pedro Brey: A Parroquia Retratada" . Catálogo de Exposición. Xunta de Galicia e Universidade de Santiago. Santiago de Compostela, 2004.