Só nas cidades e nas máis grandes vilas había Estudios Fotográficos. A xente das aldeas percorría grandes distancias co gallo de facerse un retrato, polo que se reservaban para as ocasións especiais. Levaban as súas mellores roupas e posaban con moita seriedade, intentando mostrar a mellor impresión posible.
Tamén había fotógrafos "ambulantes" que ían de pobo en pobo cargados coa súa cámara para achegar a fotografía a todos os lugares de Galicia. Estas fotografías sacabánse case sempre ao aire libre, e era moi frecuente que andiveran polas feiras dos pobos. En ocasións levaban un telón pintado para facer de fondo, pero moitas veces colocaban calquera pano ou mantel detrás do retratado.
Este tipo de fotos eran polo xeral máis pequenas, máis baratas e máis sinxelas que as de estudio.
(foto recollida polo Equipo de Investigación)
Información:
- Manuel Sendón e X.L. Suárez Canal. "Pano de Fondo". Catálogo de Exposición do Centro de Estudios Fotográficos Vigo, 2010.
- V.V.A.A. "Galicia en la Memoria: Crónica Fotográfica". La Voz de Galicia, 2008
No hay comentarios:
Publicar un comentario