18 abr 2013

GRAZAS!!!


AS FOTOS da NOSA EXPOSICIÓN



 
Despois de sacar as fotos na feira aplicamoslles o filtro "Foto Antiga" do Programa de Retoque fotográfico EL GIMP e as imprimimos.
Recortamos os bordes cunhas tixoiras de troquelar imitando ás fotos antigas.
As pegamos sobre cartón verde oscuro e escribimos con dourado as iniciais do Fotógrafo (DF, do nome do noso colexio) como adoitaban a facer os fotografos daquela.
Expuxemos estas fotos xunto cunha explicación sobre os fotógrafos ambulantes, os frascos que empregaban e os libros da biblioteca que utilizamos para documentarnos.



17 abr 2013

FOTOMONTAXES e RETOQUES

                            (por Paula Reboredo)

Os fotógrafos cambiaban case sempre as imaxes. Retocaban os rostros e melloraban as roupas engadindo xoias ou unha garabata. Era un traballo moi minucioso e ten unha gran semellanza co que hoxe se fai dixitalmente.

Nas ocasións máis especiais (posto que encarecía moito o traballo) se lles engadía manualmente cor.
Durante as emigracións galegas a América, foron frecuentes as fotomontaxes para unir á familia, pois era imposible reuniar á familia enteira por mor do lento dos transportes.
Nalgúns montaxes, incluso se incluía a algún parente xa morto.

                                   (reproducción dunha páxina do catálogo "Pano de Fondo")




Información e fotos de:

"Pano de Fondo". Catálogo de Exposición do Centro de Estudios Fotográficos (Manuel Sendón, X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.



As FOTOS dos MÁIS PEQUENOS

As cámaras de fotos domésticas tardaron en xeneralizarse pois era un luxo caro de mercar e de manter.

A decisión de mercar unha cámara para a casa, quizais estivo motivada polo nacemento dun pequeno, pois os pais orgullosos quererían fotografías todos os seus movementos e ocurrencias, como amosan estas imaxes reunidas polo Equipo de Investigación, que foron tomadas no contorno nos anos 60 e 70. A fotografía en cor en Galicia non se xeneralizou ata case os anos 80.





(Fotos recollidas polo Equipo de Investigación) 




Os CARTÓNS de FEIRA

(por Paula Reboredo)

 As fotografías das ferias son, en xeral, de peor calidade que as de estudio e o seu acabado é máis descoidado. Tamén teñen menor tamaño. Tamén podemos observar neste tipo de imaxes, que as poses son menos serias que nas fotografías de estudio e que nalgunhas ocasións ademais de familiares aparecen tamén grupos de amigos.
 

As máis habituais son as que se facían cun "decorado" de cartón onde os retratados metían a cabeza e así conseguían imaxes moi divertidas.



En outros casos os propios retratados tiñan que soster o cartón e despois o fotógrafo recortaba o fondo sobrante. Os debuxos máis repetidos eran os de barcos e os de avións.



Información e Fotos: "Pano de fondo" catálogo de exposición do centro de estudios fotográficos (Manuel Sendón e X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.




O NOSO CARTÓN de FEIRA 
Fixemos un cartón de feira co deseño de un avión para facer fotografías na nosa feira.
Os retratados tiñan que poñerse detrás e suxeitalo coas mans.
Despois fixemos que as fotos tiveran un aspecto antigo cun filtro de EL GIMP (programa de retoque fotográfico de software libre).


















16 abr 2013

Os "RITOS de PASO"

                                                              (por Paula Reboredo)

Van Gennep (wikipedia) señala que no seu desarrollo social un individuo debe levar a cabo numerosas transicións (entre a xuventude e a idade adulta, entre a soltería e o matrimonio, entre non pertencer e pertencer a un grupo, entre viaxar e retornar...).
 Nas sociedades non industrializadas, esas transicións forman unha parte esencial da vida social, e non se levan a cabo de forma individual, senón que celebran de forma comunitaria.
Na maioría dos casos levan consigo un ritual ou unha festa.

Un dos ritos de paso máis caraterísticos en Galicia son a Primeira Comunión, a Voda e a Morte (non se festexaban por aquel entón, nin os bautizos nin a "posta de largo", típicos doutras zonas).

 A PRIMEIRA COMUNIÓN
(Esquerda: :foto recollida polo Equipo de Investigación. Dereita: foto de R. Caamaño)


A VODA:

(foto recollida polo Equipo de Investigación)


 A MORTE:


(fotos de Pedro Brey)



Definicións da Wikipedia. 
 
Información e Fotos (agás as recollidas polo Equipo no seu contorno):
  • "Pedro Brey: a Parroquia Retratada" . Catálogo de Exposición. Xunta de Galicia e Universidade de Santiago, 2004.
  • "Pano de Fondo". Catálogo de Exposición do Centro de Estudios Fotográficos (Manuel Sendón, X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.
  •  M.Sendón, X.L. Suárez Canal e R. Caamaño. "Ramón Caamaño: Retratos de Costa da Morte". Centro de Estudios Fotográficos. Vigo, 2002.




15 abr 2013

Fotógrafos de Familia en Galicia: PEDRO BREY

 (por Cris Abal)


Pedro Brey from investigadordeportas



Imaxes e Información:
  • "Pedro Brey: A Parroquia Retratada" . Catálogo de Exposición. Xunta de Galicia e Universidade de Santiago. Santiago de Compostela, 2004.



 

Fotógrafos de Familia en Galicia: RAMÓN CAAMAÑO

(por Marta Corral)


Ramón Caamaño from investigadordeportas




A información e as imaxes están tomadas de:


Fotógrafos de Familia en Galicia: VIRXILIO VIÉITEZ

(por Juan Ocampo) 




DOCUMENTAL sobre VIRXILIO en TVE 
 



Bibliografía e Imaxes:
  •  "Álbum de Virxilio Vieitez" de M. Sendón e X. L. Suárez Canal. Centro de Estudios Fotográficos. Vigo 1998. ver páxina web.
  • "Pano de Fondo". Catálogo de Exposición do Centro de Estudios Fotográficos (Manuel Sendón, X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.
  • Fotografía de Virxilio Viéitez da presentación de Impress, tomada dun documental de TVE (La 2).
  • Documental na páxina oficial da televisión española RTVE



As FOTOS da ESCOLA

 (por Paula Reboredo)

Era moi habitual sacar fotografías nos colexios, primeiro unha de grupo no exterior e despois fotos individuais de cada neno nunha mesa de estudo, para deixar constancia da "pertenza ao grupo", é dicir, de formar parte da sociedade. moitas destas fotos estaban coloreadas polo fondo:

(Fotografías tomadas de "Pano de Fondo" -ver Bibliografía- )


Os decorados estaban relacionados co contorno escolar (mapas, mesas de escola, a bola do mundo,...) aínda que nalgúns casos salían nenos facendo que falaban con alguén por teléfono, como símbolo de progreso e de modernidade, como nesta fotografía:


(Fotografía recollida polo Equipo de Investigación.)


Tamén temos que falar das fotos do libro de escolaridade, como esta que nos deixou a profesora Manola Suárez, na que se ve o selo do colexio:


(Fotografía recollida polo Equipo de Investigación.)




Bibliografía: "Pano de fondo" catálogo de exposición do centro de estudios fotográficos (Manuel Sendón e X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.




NÓS FIXEMOS AS NOSAS PROPIAS FOTOS DA ESCOLA!!!





Os PANOS de FONDO

 (por Paula Reboredo)

Merécense que botemos unha ollada aos panos que os fotógrafos ambulantes usaban como fondo nos seus traballos e que levaban dun pobo a outro. Non só os empregaban nas festas e feiras senón que había fotógrafos que traballaban decote nalgún lugar da cidade.

Estes telóns estaban coidadosamente pintados e neles son frecuentes as vistas de xardíns con fontes ou columnas no fondo, e as de árbores ao borde dun camiño. O máis normal era que estes fotógrafos ambulantes só tiveran un pano, polo que se repite foto tras foto ata que acaba case por romper, como podemos ver nestas fotografías de Pedro Brey, fotógrafo da Estrada:



Noutros casos o fotógrafo non tiña telón pintado e tiña que empregar manteis ou sabas, ás veces varios unidos se non cabían os retratados:

(foto de Virxilio Viéitez, da Exposición da Fundación Telefónica)

         


Información e Imaxes:
 "Álbum de Virxilio Vieitez" de M. Sendón e X. L. Suárez Canal. Centro de Estudios Fotográficos. Vigo 1998.
"Pano de Fondo". Catálogo de Exposición do Centro de Estudios Fotográficos (Manuel Sendón, X.L. Suárez Canal). Vigo, 2010.

Imaxes:
"Pedro Brey: a Parroquia Retratada" . Catálogo de Exposición. Xunta de Galicia e Universidade de Santiago, 2004.




O PANO de FONDO da NOSA FEIRA:

Nós tamén decoramos un pano cunha paisaxe para facer o telón de fondo para as fotos da nosa feira.
Logo as voltamos cun aspecto antigo co programa de retoque fotográfico de software libre EL GIMP.



OS FOTÓGRAFOS

 (por Paula Reboredo)


 Só nas cidades e nas máis grandes vilas había Estudios Fotográficos. A xente das aldeas percorría grandes distancias co gallo de facerse un retrato, polo que se reservaban para as ocasións especiais. Levaban as súas mellores roupas e posaban con moita seriedade, intentando mostrar a mellor impresión posible.

Tamén había fotógrafos "ambulantes" que ían de pobo en pobo cargados coa súa cámara para achegar a fotografía a todos os lugares de Galicia. Estas fotografías sacabánse case sempre ao aire libre, e era moi frecuente que andiveran polas feiras dos pobos. En ocasións levaban un telón pintado para facer de fondo, pero moitas veces colocaban calquera pano ou mantel detrás do retratado.

 Este tipo de fotos eran polo xeral máis pequenas, máis baratas e máis sinxelas que as de estudio.


 
                  (foto recollida polo Equipo de Investigación)




Información: 
  •  Manuel Sendón e X.L. Suárez Canal. "Pano de Fondo". Catálogo de Exposición do Centro de Estudios Fotográficos  Vigo, 2010.
  • V.V.A.A. "Galicia en la Memoria: Crónica Fotográfica". La Voz de Galicia, 2008


A IMPORTANCIA de FACERSE unha FOTO

(por Paula Reboredo)

Nas orixes da fotografía, non acontecemento debía quedar gardado para "a Historia". Retratarse era moi caro e a xente había de elexir con coidado as ocasións a fotografiar.


Dependendo do que se quería transmitir había diferentes poses, pero sempre moi serias, debido á importancia de facerse unha foto e ao tempo que había que estar quieto diante da cámara, pois non eran como as de hoxe.

As fotografías e o que estas transmiten ao observador, vai tamén en relación coa clase social das persoas, coa súa situación personal e coas súas emocións.


(foto recollida polo Equipo de Investigación)




Bibliografía: Manuel Sendón, e X.L. Suárez Canal."Pano de fondo" catálogo de exposición do centro de estudios fotográficos. Vigo, 2010.



12 abr 2013

PRESENTACIÓN


Aquí están os integrantes deste Equipo de Investigación:


        Cris Abal            Marta Corral      Juan Ocampo     Paula Reboredo


Todos de 4º da ESO

O seu Traballo de Investigación está baseado na Fotografía Familiar en Galicia nos anos centrais do s.XX.

Fixeron un percorrido polos temas máis salientables deste tipo de fotos e polos fotógrafos de familia que ían de vila en vila para achegar a fotografía a todo aquel que quixera facer uso dela, nunha época na que case ninguén tiña cámara e facerse unha foto era algo realmente extraordinario!.